miércoles. 29.01.2020 |
El tiempo
miércoles. 29.01.2020
El tiempo

83-88. O Breogán consegue unha vitoria de prestixio en Granada

Christian Díaz, nunha acción do Partido. FERMÍN RODRÍGUEZ-TWITTER (@FundacionCBG)
Christian Díaz, nunha acción do Partido. FERMÍN RODRÍGUEZ-TWITTER (@FundacionCBG)
O choque estivo igualado en todo momento e non se decidiu ata os últimos compases do encontro

O Leche Río Breogán rompeu este domingo a súa mala serie na LEB Oro ao conseguir unha vitoria de prestixio na cancha do Covirán Granada (83-88).

O equipo lucense impúxose ao estar máis acertado nos momentos craves do partido. O encontro estivo igualado en todo momento. De feito, o duelo chegou ao descanso cunha escasa vantaxe dos xogadores de Diego Epifanio (47-50). Non cambiou o choque na segunda parte, na que as alternativas, sempre precarias, foron constantes. Con empate a 82 chegou o momento clave: unha canastra tripla de Mo Soluade a 1.40 minutos do final. Despois, un tiro de dous puntos de Dago Pena sentenciou a sufrida vitoria do Breogán, agora con catro triunfos e tres derrotas logo da sétima xornada da competición.

83-88. O Breogán consegue unha vitoria de prestixio en Granada
Comentarios