martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

77-70. O Ensino imponse a outro grande

Partido entre o Ensino e o Xirona. VICTORIA RODRÍGUEZ
Partido entre o Ensino e o Xirona. VICTORIA RODRÍGUEZ
As lucenses gañan ao Spar Citylift Xirona nun partido igualado

O Durán Maquinaria Ensino é o mataxigantes da Liga Feminina Endesa. Se hai unhas xornadas derrotou en Lugo ao líder, o Perfumerías Avenida, este domingo puido co outro coco da categoría, o vixente campión Spar Citylift Xirona —agora na segunda posición—, ao que se impuxo por 77-70.

O partido foi igualado. Ao descanso o conxunto que adestra Carlos Cantero mandaba pola mínima, 38-37. No terceiro cuarto o equipo visitante cobrou unha lixeira vantaxe, 56-62. Pero o Ensino refíxose no último cuarto, apertou os dentes en defensa e endosoulle ao seu cualificado rival un determinante parcial de 21-8.

A á-pivote nixeriana Atonye Nyingifa e a pivote jamaicana Shereesha Richards foron as máximas anotadoras locais con 19 puntos cada unha.

No Durán Maquinaria Ensino debutou a súa última fichaxe, a base estadounidense Brittany Dinkins, que anotou sete puntos e repartiu tres asistencias nos 12 minutos que xogou.

Con esta vitoria de prestixio o conxunto lucense afiánzase en postos de play off polo título, obxectivo marcado a principio de tempada. Marcha sétimo con oito vitorias e nove derrotas.

77-70. O Ensino imponse a outro grande
Comentarios