miércoles. 22.01.2020 |
El tiempo
miércoles. 22.01.2020
El tiempo

75-82. O Breogán leva un triunfo imprescindible

Un momento do partido entre o Canoe e o Breogán. ÁREA 11
Un momento do partido entre o Canoe e o Breogán. ÁREA 11
O equipo lucense suma na cancha do sempre combativo Canoe a terceira vitoria seguida

Terceira vitoria consecutiva do Leche Río Breogán, que se impuxo este venres na cancha do Canoe por 75-82. O equipo lucense tivo moitos problemas para gañar aos madrileños e aínda que estes marcharon por detrás ao descanso (32-40) intentárono sen poder gañar a un cadro celeste superior. A actuación de Salva Arco, con 23 puntos, xunto con Quintela e Ahonen —ambos superaron a decena de puntos— foi crucial para a vitoria. 

As dúas últimas vitorias consecutivas permitiran ao Leche Río Breogán achegarse á zona alta da clasificación da LEB Ouro e lograr a terceira permite dar outro paso. En fronte tivo un Real Canoe antepenúltimo con só dúas vitorias pero que deu a badalada ao bater ao Mallorca. Para o encontro, o técnico do conxunto lucense contaba coas baixas de Nogués e De Thaey ademais da dúbida de Dago Peña e Rauno Nurger. 

Estivo potente Fall para gañar o salto inicial a Kabasele, o que permitiu ao Breogán adiantarse no electrónico cunha canastra lateral de Arco. O propio Arco anotaba un gran triplo ao minuto, o que mantivo aos lucenses arriba co 2-5 (min. 2). Moita velocidade nestes primeiros minutos de encontro, onde destacou un tapón de Kabasele a Nurger ao intentar machucar o aro. 

A boa defensa interior breoganista obrigaba os madrileños a lanzar desde fóra e Schaftenaar lograba un triplo que empataba a 7 mediado o cuarto. Un triplo sen oposición de Soluade situaba o 7-12 no 6 e puña terra por medio favorable aos intereses lucenses.

Na recta final, o Canoe saltou nos últimos dez minutos coa idea clara de remontar. Chegouse a achegar a un preocupante 68-70 aínda que Soluade volveu aparecer para anotar un triplo. O Breogán entrou ao último minuto por diante 68-75. 

► A crónica completa na edición en papel de El Progreso deste sábado

 

Ficha técnica
Real Canoe: Alberto Martín, Facundo Corvalán, Karl Lundqvist, Álvaro Lobo, Chema Gil, Ánder Martínez, Olaf Schaftenaar, Juanjo Jiménez, Guillermo Ruiz, Hervé Kabasele, Tyler Seibring e Kristian Kullamae.

Leite Río Breogán: Strahinja Gravilovic, Mo Soluade, Mateo Sánchez, Roope Ahonen, Salva Arco, Rauno Nurger, Christian Díaz, Alex Olah, Massine Fall y Sergi Quintela.

Parciais: 16-17, 16-23, 18-19, 25-23. 

Árbitros: Terreros San Miguel (rioxano), Langa de Martín (madrileño) e Cañigueral Novella (valenciano). Eliminaron por cinco faltas os xogadores locais Kullamae (m.40) e Corvalán (m.40).

Incidencias: Pavillón do Real Canoe NC. Uns 380 espectadores con algo máis de medio centenar de afeccionados lucenses.

75-82. O Breogán leva un triunfo imprescindible
Comentarios