Nova victoria do Ourense

73-76. O Breogán cae na segunda cita do Pazo

En rolda de prensa tras o partido, o adestrador, Lisardo Gómez, lamentou ''ter tomado malas decisións. Agora toca levantarse e reporse" de cara á dobre cita en Valladolid

O Breogán caeu no segundo encontro co Valladolid no Pazo dos Deportes de Lugo tras unha rifada batalla que finalmente se pechou cun 73-76.

Tras porse por diante o venres no primeiro partido de play off de semifinais para o ascenso á liga ACB, no que se impuxeron cun 80-65, os lucenses, derrotados este domingo, apelan agora ás citas da próxima semana, xa en Valladolid, o venres e o domingo -de ser necesario, repetiríase un quinto encontro en Lugo.

Ninguén no Pazo dos Deportes de Lugo, outra vez cunha entrada espectacular, podía crer o que acababan de presenciar. O Ribeira Sacra Breogán acababa de perder un partido que  dominaba por quince puntos (67-52) a falta de cinco minutos e que aínda controlaba a falta de pouco máis dun minuto por dez puntos (72-62). O que ocorreu nos últimos sesenta segundos de partido pasase aos anais da historia do breoganismo dentro das máis grandes decepcións. O Breogán que durante 35 minutos controlou o partido incluso con certa suficiencia e con momentos  de bo xogo desapareceu no tramo final.


Felicitamos a @CBValladolidSAD por esta vitoria e pensamos xa no venres!

— Breogán (@CBBreogan) May 10, 2015



En rolda de prensa tras o partido, o adestrador celeste, Lisardo Gómez lamentou ''ter tomado malas decisións. Agora toca levantarse e reporse", asegurou.

En Twitter, moitos seguidores lanzaron mensaxes de apoio e agarimo ao conxunto.



Nadie dijo que ascender a ACB fuera fácil. Toca reponerse y ganar en Valladolid!!! Go @CBBreogan go!!!

— Alejandro Otero (@Ottolugor) May 10, 2015


Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios