jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

70-73. O Ensino cae ante o Valencia

Partido entre o Ensino e o Valencia. XESÚS PONTE
Partido entre o Ensino e o Valencia. XESÚS PONTE

O Durán Maquinaria Ensino perdeu por 70 a 73 fronte ao terceiro clasificado, o Valencia. O mal inicio —12-23 ao final do primeiro cuarto— pasoulle factura ao equipo lucense. O resto do encontro foi un infrutuoso intento continuo de remontar.

A base serbia Aleksandra Stanacev foi a xogadora local máis destacada, con 12 puntos, 10 asistencias e seis rebotes. Outras tres xogadoras do Ensino anotaron 12 puntos, Nyingifa, Miller e O'Dwyer.

O técnico Carlos Cantero non puido contar coa última fichaxe, a base estadounidense Brittany Dinkins, que aínda non ten lista a documentación.

70-73. O Ensino cae ante o Valencia
Comentarios