O Durán Maquinaria Ensino plantoulle cara ao todopoderoso líder da liga Dia, as Perfumerías Avenida. O equipo salmantino impúxose en Lugo por 59 a 67.
O conxunto que adestra Juan Nécega encomendouse á á-pivote nixeriana Antonye Nyingifa para aguantar o tirón. A xogadora africana foi a mellor do partido con 22 puntos e oito rebotes.
As Perfumerías Avenida fixo valer a súa superioridade no xogo interior para sumar unha nova vitoria. Capturou 36 rebotes por 25 das lucenses.