sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

5-0. O Polvorín encadea a súa terceira vitoria seguida cunha goleada ante a UD Ourense

Partido entre o Polvorín e a Unión Deportiva Ourense. VICTORIA RODRÍGUEZ
Partido entre o Polvorín e a Unión Deportiva Ourense. VICTORIA RODRÍGUEZ
Os locais ofreceron un xogo completo e brillante

O Polvorín sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva e deuse un auténtico festín cunha goleada por 5-0 ante a Unión Deportiva Ourense. O conxunto que adestra José Durán foi moi superior ao seu rival durante todo o duelo, pero especialmente nunha segunda metade na que mostrou unha eficacia e unha pegada descomunal ao anotar os cinco tantos do encontro. 

Logo das vitorias ante o Rápido de Bouzas e o Somozas, a filial branquivermello redondeou unha racha que lle permite chegar aos 16 puntos e tomar unha certa renda sobre a zona de descenso, cando hai apenas un mes era o pechacancelas da competición.

"Foi máis complicado do que o resultado di, pero si que na segunda metade fomos moi superiores", asegurou José Durán.

Le a crónica completa na edición impresa deste luns de El Progreso

Ficha técnica
Polvorín: Julen, Varo, Matías, Nico, Jesús, Vidal, Álex Rey (m.62), Rayco, Manu, Escobar, Marcos, Brunet (m.72), Chiqui, Cristian (m.67).

UD Ourense: Ángel Díez, Yosu, Alfredo, Corzo, Vieytes, Isi (m.52), Viti, Gabi Sanín, Tiago, Hugo García, Arce (m.57), Champi, Pedrosa (m.57) e Iago Blanco.

Goles: 1-0, m.46: Escobar. 2-0, m.53:; Rayco. 3-0, m.59: Escobar. 4-0, m.79. Cristian. 5-0, m.89: Álex Rey. 

Árbitro: Pablo Álvarez Calderón (Delegación de Vigo). Mostrou cartóns amarelos a Manu, Vieytes e Dani Pedrosa. 

Incidencias: Partido disputado no campo da Cheda ante 400 afeccionados.

5-0. O Polvorín encadea a súa terceira vitoria seguida cunha...
Comentarios