FICHA TÉCNICA

3-2. O Burela FSF saca billete para a Copa

Burela FS xogará a próxima fase final da Copa de España tras deixar selada a súa clasificación entre os catro primeiros da Primeira División feminina de fútbol sala cun sufrido triunfo ante o Majadahonda, por 3-2. O cadro mariñán aínda chega con opcións á disputa do segundo posto, pero o triunfo do Cidade das Burgas no derbi ante o Envialia parece destinar ás mariñás a acabar na terceira posición do podio.
Tainâ avanza rodeada de rivales
photo_camera Tainâ avanza rodeada de rivales

O encontro deste sábado tivo dúas caras ben diferentes, aínda que o 3-2 antóllase curto para os méritos contraidos polas locais. O equipo de Lucas continúa tendo serios problemas de finalización e este lastre case lle custa un desgusto ante o Majadahonda, que se limitou a aproveitar dous erros laranxas para sementar a inquietude nas filas mariñás.

O primeiro tempo laranxa foi moi completo, aínda que o 2-0 non reflicte a absoluta superioridade mostrada. As mariñás saíron ao parqué moi enchufadas e en cuestión de tres minutos tiveron ata tres ocasións para porse por diante. A segunda metade foi algo máis nivelada e con máis alternativas, aínda que coa escuadra local sempre propondo e a visitante intentando aproveitar as contras para castigar.

Peque xa tivo o 1-0 nas súas zapatillas antes de cumprirse o primeiro minuto e repetiu segundos despois, aínda que a chegada máis clara foi a de Claudia, que se estrelou co poste no seu desexo de bater a Laura Fernández.

A insistencia mariñá achou o seu premio logo doutra gran ocasión de Gabi, que non chegou por milímetros a un centro-chute de Tainâ. Tivo que ser Cris a encargada de pór en vantaxe ao seu equipo, ao aproveitar un erro visitante no despexe para bater por baixo á meta madrileña.

Tras o gol houbo un bajón en intensidade, en xogo e en ocasións, pero tras unha ocasión do Majadahonda chegou o 2-0 a falta de tres minutos para o descanso. O tanto se produciu logo dunha boa acción colectiva e un remate de tacón de Peque, que aproveitou o rexeite para finalizar a xogada.

Segunda metade

A segunda metade foi algo máis nivelada e con máis alternativas, aínda que coa escuadra local sempre propondo e a visitante intentando aproveitar as contras para castigar.

O acto arrincou cun Burela FS no mesmo nivel, con Claudia gozando dunha clara ocasión, aínda que o Majadahonda intentou asustar e fíxoo cunha chegada de Laura Morais, que disparou alto en boa posición para bater a Jozi.

O cadro mariñán tivo o terceiro nun rápido saque de banda de Peque que deixou a Claudia man a man ante a porteira visitante.

As mesmas protagonistas resarcíronse coa xogada do 3-0. Unha brutal acción individual de Peque acabou nos pés de Claudia, que definiu con tranquilidade e con pouco ángulo.

O Burela FS perdoou o cuarto gol cunha dobre accion de Cris e Taina, pero do posible 4-0 pasouse ao 3-2 en 10 segundos.

O Majadahonda recortou distancias tras aproveitar unha perda local por medio de Marta Rodríguez e na acción seguinte Marta Mateo aproveitou unha indecisión local para marcar de cabeza.

O Burela FSF acusou o golpe e as madrileñas tiveron o empate nunha acción de Marta Rodríguez que obrigou a Jozi a emendar o seu erro anterior.

Tras uns minutos de desconcerto con algunhas chegadas e moitos erros, o equipo visitante apostou por xogar con porteira-xogadora, pero os locais liquidaron a situación.

O mellor O triunfo dá tranquilidade O Burela FS terá agora tres xornadas para preparar con tranquilidade a Copa O peor Problemas na definición O cadro laranxa sufriu demasiado pola súa falta de acerto nos metros finais O dato Primeiro gol de Cris A xogadora conseguiu inaugurar a súa conta desta tempada co Burela FSF

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios