3-1. Jonás martiriza o Vilalbés

O dianteiro do Alondras marcou os tres tantos do triunfo do equipo de Cangas, dous deles de penalti, nun duelo en que o meta Nucho parouno todo  Os chairegos, que continúan coa súa mala serie a domicilio, empatara por medio de Álex, tamén desde o punto fatídico

Jugada de un partido en A Magdalena. XESÚS PONTE
photo_camera Jugada de un partido en A Magdalena. XESÚS PONTE

O Rácing Villalbés acumulou en Cangas unha nova derrota a domicilio e mantén a súa mala serie lonxe da Magdalena, xa que só foi capaz de sumar un punto nas súas últimas seis saídas. O encontro estivo marcado polos tres penaltis sinalados, dous a favor do Alondras e un para o conxunto visitante.

Álex Pérez foi o mellor do conxunto chairego. Canalizou boa parte do xogo ofensivo e xerou perigo en cada acción a balón parado; el mesmo forzou e anotou a pena máxima para irse ao descanso con 1-1 no marcador. O home do partido, con todo, foi Nucho, cuxa actuación baixo paus foi clave na vitoria local con hat trick de Jonás. 

Podes ler a crónica completa do partido na edición completa do Progreso deste luns.

Ficha técnica
3- Alondras: Nucho; Jesús Varela, Abel, Agujetas, Pablo García; Álex Rey (Aitor Díaz, m.83), Yahvé, Iván Pérez, Mauro (Pardavila, m.64); Osterholm (Champi, m.56) e Jonás.
1- Rácing Vilalbés: Pita; López, Vérez, Xusto, Buyo; José Varela, Javi Varela (Julio, m.85), Make; Álex Pérez, Diego Rey (Arón, m.68) e Juan de Dora (Santi Taboada, m.77).
Goles: 1-0, minuto 15: Jonás, de penalti. 1-1, m.45+2: Álex Pérez, de penalti. 2-1, m.46: Jonás. 3-1, m.58: Jonás, de penalti.
Arbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Ensinou cartón amarelo a Javi Varela, Álex Pérez e Arón no Racing Vilalbés, e a Abel no Alondras.

Comentarios