3-0. O Lugo sucumbe ante o Celta no seu primeiro amigable de pretempada

Eloy Jiménez considera que o conxunto branquivermello "competiu moi ben" a pesar da derrota

Un momento del encuentro entre el Celta y el Lugo disputado en Portonovo. GONZALO GARCÍA
photo_camera Un momento do encontro entre o Celta e o Lugo disputado en Portonovo. GONZALO GARCÍA

O Lugo de Eloy Jiménez arrincou a pretemporada cun sabor agridoce. Os branquivermellos sucumbiron este sábado por un contundente 3-0 ante o Celta dos canteiráns ilustres, nun partido que levantou unha tremenda expectación en Portonovo. O campo de Baltar rexistrou un cheo espectacular, con axuda duns cantos centos de afeccionados lucenses que se desprazaron ata o pobo en busca de sol e entretemento. O técnico do cadro lucense considera que o o equipo "competiu" no primeiro tempo: "O gol penalizounos, pero creo que en liñas xerais competimos moi ben, tivemos ritmo e gozamos de ocasións", asegurou.

O choque estivo marcado polo temperán tanto celeste. Chegou no primeiro minuto. O balón apenas tocara o chan cando, tras un saque de falta, Carlos Pita despexaba facía atrás e introducía o balón na súa propia portería, desprotexida pola saída de Canteiro para tratar de despexar o perigo. A xente non había case tomado asento e o Celta xa mandaba no electrónico.

Con Pita de central e Iriome como lateral destro, o Lugo tratou de darlle a volta ao marcador. Borja Domínguez quixo ocupar o medio, pero sen éxito. Os celestes tiveron a posesión durante os primeiros compases, pero as ocasións chegaron a contagotas. Cun ritmo propio do primeiro partido do verán, o único perigo que xerou o Celta tras o primeiro gol foi un cabezazo de Lautaro que saíu pola liña de fondo. A xente, con todo, estaba animada, e non dubidou en aplaudir o xesto coma se dun gol tratásese. O Lugo, pola súa banda, conseguiu chegar con algo máis de eficacia. Herrera foi o primeiro en probar sorte, aínda que sen acerto no remate final. A ocasión máis clara foi un remate ao pau de Tete tras unha gran acción.

Coa segunda metade chegaron novos xogadores en ambos os equipos. A afección rojibalnca puido ver por primeira vez a Carlos Castro. Iago Aspas, un dos máis aclamados polo público, foi outro dos futbolistas que entrou ao terreo de xogo. Tamén debutaron Denís Suárez e Santi Mina co celeste.

Entre os dous novos dianteiros celestes e Sisto montaron unha xogada que acabou co primeiro tanto de Mina na súa nova etapa. Corría o minuto 52 e o partido xa parecía resolto. O Lugo acabou por someterse ao centro do campo vigués, cun Lobotka que anulou as axudas branquivermellas. O colexiado sancionou unha caída de Olaza na a área con penalti. Aspas transformouno no 77 e culminou a vitoria para o Celta. O Lugo aguantou o marcador, pero non conseguiu achegarse á área celeste. O primeiro reto de pretemporada, ante o rival máis forte, terminou en derrota.

Eloy Jiménez considera que os cambios realizados tras o descanso "notáronse", e valora positivamente a actuación do seu equipo: "Aínda nos falta moito, pero me vou contento coa actitude e o comportamento dos mozos", apunta, engadindo que o obxectivo é "coller ritmo".

FICHA TÉCNICA
Celta de Vigo: Sergio Álvarez; Kevin Vázquez, Costas, Sáenz, Juncá; Sergio Bermejo, Beltran, Jozabed, Denis Suárez; Lauti e Gabriel Fernández. Tamén xogaron: Iván Villar, Carreira, Roncaglia, Ros, Olaza, Molina, Lobotka, Brais, Sisto, Iago Aspas, Santi Mina, Pampín, Losada e Miguel Fernández. 

Lugo: Canteiro; Iriome, Pita, Jose Carlos, Ledebenko; Calderón, Jaume, Borja Domínguez, Tete; Hererra e Antón Escobar. Tamén xogaron Carlos Castro, Manu Barreiro, Campabadal, Varo, Alex Rei, Seoane, Vieira, Muñiz, Matías e Pablo Rei. 

Goles: 1-0, m.1: Pita (pp); 2-0, m.51: Santi Mina; 3-0, m.71: Iago Aspas, de penalti. 

Árbitro: Pastoriza Igrexas. Amoestou a Muñiz por parte do Lugo. 

Incidencias: Partido amigable disputado no campo de Baltar (Portonovo), que rexistrou un cheo.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios