FICHA TÉCNICA

2-7. O Burela FS ofrece todo un recital ofensivo ante un rival directo

O equipo mariñán conseguiu a súa primeira vitoria da tempada a domicilio logo de superar con claridade ao seu rival
Un momento del partido
photo_camera Un momento del partido

O Pescados Rubén Burela conseguiu este venres en Cartaxena (2-7) a súa primeira vitoria da tempada a domicilio. Os de Daniel Ibañes fixeron un dos seus mellores partidos e impuxéronse con claridade a un rival directo para evitar o descenso de categoría.

O enfrontamento xa quedou sentenciado na primeira metade co 0-4 que reflectía o marcador do Wssell de Guimbarda de Cartaxena. Iago Míguez, cun hat trick, foi un dos grandes protagonistas da noite. O lateral abriu e pechou o marcador dando un gran recital de fútbol sala.

Os mariñáns tiñan moi claro desde o principio que a pista cartagenera era un bo sitio para sumar a primeira vitoria da tempada fóra de casa. E así os de Daniel Ibañes puxéronse o mono de traballo e saltaron   pista coas ideas moi claras.

Máis información na edición impresa de El Progreso deste sábado

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios