Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

2-4. Ballesteros guía o Vilalbés en O Barco

Ballesteros pugna cun xogador do Porriño no duelo da primeira xornada. XESÚS Ponche
Ballesteros pugna cun xogador do Porriño no duelo da primeira xornada. XESÚS Ponche

Dous goles do dianteiro do conxunto chairego lideraron o triunfo do Rácing

O Rácing Vilalbés conseguiu a súa primeira vitoria da tempada 2018-19 en Terceira División en Valdeorras. O equipo chairego fixo un partido perfecto: sobrio en defensa, contundente na medular e intelixente á hora de pechar o encontro.

Ao contragolpe, o conxunto vilalbés fixo moito dano a un dos favoritos para disputar a fase de ascenso e segue sendo un dos sete cadros invictos logo de dúas xornadas. 

Juan Peón, que conseguiu a súa primeira vitoria como técnico do equipo vilalbés, ideou un cambio de sistema para frear o rival: cinco defensas e dous pivotes por diante. Con iso, inhabilitou as bandas do conxunto valdeorrés e conseguiu xerar constantes superioridades por dentro.

►LA CRÓNICA COMPLETA DEL PARTIDO, EN LA EDICIÓN IMPRESA DE ESTE LUNES DE EL PROGRESO◄

FICHA TÉCNICA
2 - Barco: Azpillaga; Sito Cruz (Santi, m. 54), Barragán, Andrés, Diego Tato; Rubén García (Juanito Bazo, m. 52), Borja Gil; Ivi Vales, David Álvarez, Revuelta (Santi Real, m. 80); y Tabala.

4- Rácing vilalbés: Pita; López (De Dora, m. 65), Xusto, Julio, Santi Taboada, Buyo; Javi Varela, Make; José Varela, Javi Ballesteros (Pablo Vivero, m. 77) y Diego Rey (Álex Pérez, m. 46).

Goles: 0-1, m.5: López. 0-2, m.18: Javi Varela. 1-2, m. 33: Rubén García (pen.). 1-3, m. 37: Ballesteros. 1-4, m. 55: Ballesteros. 2-4, m.88: David Álvarez.

Árbitro: García Lesta.

2-4. Ballesteros guía o Vilalbés en O Barco
Comentarios