2-4. Desastre inesperado do Polvorín na Cheda

O conxunto lucense cae en casa tras gozar dun 2-0 nun gran primeiro tempo ante un Barco que mellorou coa entrada do exbranquivermello Rubén García
Partido entre el Polvorín y el Barco. XESÚS PONTE
photo_camera Unha disputa entre un xogador do Polvorín e un dianteiro do Alondras nunha xornada anterior. XESÚS PONTE

O Polvorín deixou escapar tres puntos que parecían seguros nunha mala segunda metade, na que pasou de concretar un posible 3-0 a ceder catro tantos en apenas media hora. A derrota dos pupilos de José Durán podería situar á filial do Lugo en zona de descenso se puntúa a UD Ourense e gañan Paiosaco, Somozas ou Rápido de Bouzas.

Non parecía que o Polvorín sufriría semellante final despois do primeiro tempo. Nos 45 minutos iniciais, o conxunto branquivermello cumpriu co guión que soñou José Durán. O conxunto lucense partiu cunha presión alta que afogou a zona de creación ourensá, o que lle permitiu dominar o xogo, ter a pelota e atacar en terreo rival sen apenas pasar apuros no seu propio terreo.

► Goce da crónica completa coa edición en papel de El Progreso deste domingo ◄

FICHA TÉCNICA:
2.- Polvorín: Ángel Fraga, Asier, Nico m. 14, Varo, Aarón m.83, Jesús, Matías, Marcos, Rayco, Manu, Brunet m.70,Escobar, Álex Rei e Chiqui.
4.- Barco: Oviedo, Ordóñez, Segura, Oli m.46, Javi, Omar, Moreira, Rubén García m.58, Ivi Vales, Diego Tato m.92, Íñigo Pisón, Juanito Bazo, David Álvarez e Marcos.
Goles: 1-0, m.15: Álex Rei. 2-0, m.23: Antón Escobar. 2-1, m.60: Juanito Bazo. 2-2, m.67: Juanito Bazo. 2-3, m.83: Ivi Vales. 2-4, m.94: David Álvarez.
Árbitro: Rubén Estremadura (Colexio vigués ) . Amoestou a Rayco e Manu pola Polvoreira e a Segura, Javi, David Álvarez e Oli polo Barco.
Incidencias: A Cheda. 250 afeccionados.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios