FICHA TÉCNICA

2-3. O Burela arrisca pero non supera ao Ourense

O conxunto mariñán loitou ata o último segundo por meterse nas semifinais da Copa de España
Un momento del partido
photo_camera Un momento del partido

Cuns primeiros compases de tenteo comezaba o derbi entre escuadras galegas dos cuartos de final da Copa de España, con dous conxuntos que se coñecen á perfección e que optaban por ter posesións longas de balón.

Tras un intercambio de chegadas sen perigo, chegaba o 0 a 1 aos catro minutos de xogo, obra de Marta. Intentou reaccionar o conxunto mariñan buscando unha maior posesión de balón, pero o Ourense conseguía abrir oco co 0 a 2 obra de Antía de vaselina.

O Burela arriscou optando en varias ocasións polo xogo de cinco e algo máis de dous minutos da conclusión, Judith enviaba o remate pegado ao pau da portería defendida pero Vane para engadirlle emoción ao desenlace.

A menos dun minuto, Chiky desde cancha propia anotaba a porta baleira o 1 a 3, pero a pouco máis de 30 segundos, Cilene de potente remate á escuadra de disparo exterior volvía meter de cheo ao Burela no partido (2-3), aínda que, nos instantes finais o Ourense Envialia conseguiu amornar os seus nervios e afogar as últimas posibilidades dun conxunto laranxa que o deixou todo sobre a cancha.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios