2-2. Empate agridoce para o Polvorín

Un momento del partido entre el Polvorín y el Arousa. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Un momento do partido entre o Polvorín e o Arousa. VICTORIA RODRÍGUEZ

O Polvorín tivo que conformarse co empate pese ao gran xogo despregado ante o Arousa na primeira metade, na que os discípulos de José Durán crearon unha decena de ocasións de gol. O filial do CD Lugo superou co seu fútbol combinativo a presión alta dos visitantes e protagonizou constantes chegadas á área neste período.

Os arousáns, incapaces de suxeitar o inicio do xogo local, cambiaron a súa formulación tras o descanso. O seu técnico, Rafa Sáez, optou por xuntar máis as liñas e esperar o rival no medio do campo. A aposta saíulle ben e o partido igualouse e puido decantarse para calquera dos dous equipos. 

A fluidez ofensiva do Polvorín, xunto á boa defensa das transicións do rival, converteu os branquivermellos en claros dominadores no arranque do duelo. No minuto 10 reclamouse un penalti sobre Manu Núñez e, pouco despois, Álex Rey enganchou unha volea que saíu lixeiramente alta.

Le a crónica completa na edición impresa deste luns de El Progreso

Ficha técnica
Polvorín: Unai, Varo, (Cris, m.73), Matías, Nico, Quindimil (Marcos, m.80), Juan Brunet, Rayco, Manu Núñez, Morais, Álex Rey, Chiki (Pablo Rey, m.89).

Arousa: Manu Táboas, Adrián, Coti, Pedro, Trapero, Iago, Javi Otero, Manu (Javi, m.88), Pedro Beda, Raúl, Suso (Pacheco, m.88).​

Goles: 0-1, m.25: Otero. 1-1, m.43: Rayco. 1-2, m.71: Manu. 2-2, m.81: Manu Núñez. 

Árbitro: Espansandín Cores (A Coruña). Expulsou ao técnico do Polvorín, José Durán (m.40). Amoestou aos locais Matías e Nico, e aos visitantes Pedro e Trapero. 

Incidencias: Campo da Cheda.

Comentarios