Martes. 22.01.2019 |
El tiempo
Martes. 22.01.2019
El tiempo

1-1. O Polvorín non apuntou ben

Os xogadores da Polvoreira celebran un gol. SEBAS SENANDE
Os xogadores da Polvoreira celebran un gol. SEBAS SENANDE

O filial do Lugo foi superior ao Paiosaco, pero perdoou en exceso e acabouno pagando cun empate que sabe a pouco ► O conxunto dirixido por José Durán mostrou un bo xogo aínda que non tivo o remate suficiente para deixar o duelo encarrilado nunha gran primeira parte
 

Logo de despedir o 2018 con dúas derrotas, o Polvorín cultivou un empate no seu primeiro partido deste ano. Foi ante un rival directo ao que coñece ben logo de coincidir nos cursos anteriores na Autonómica Preferente e de ascender da man a Terceira División. O equipo de José Durán tivo máis e mellores ocasións, aínda que non estivo resolutivo na área local.

Comezou creando perigo o cadro lucense, que en apenas cinco minutos dispuxo de dúas ocasións de gol, ambas de Cadrado. Primeiro intentouno de cabeza e na segunda gañou por velocidade ao seu par e plantouse ante a portería, aínda que elevou en exceso o balón ante a saída de Rama.

Crónica completa na edición impresa do Progreso deste domingo.

Ficha técnica:
1- Paiosaco: Rama; Ventola, Ruchi (Edu, m. 5), Popi, Pablo; Bilal, Javi Fuentes, Josiño (Eiroa, m. 84), Juanma; Eloy e Jesús (Otero, m. 46). 
1- Polvorín: Cacharrón; Varo, Pedro Delgado, Matías, Pablo Rey; Juan Brunet; Manu Núñez, Álex Rey (Asier, min. 90), Marcos; Cuadrado (Rayco, min. 68) e Escobar (Morais, 73). 
Goles: 0-1, m. 40: Escobar. 1-1, m. 62: Otero .
Árbitro: González Franco (Ferrol). Mostrou cartón amarelo aos xogadores locais Ventola, Popi e Edu aos da Polvoreira Manu Núñez, Juan Brunet e Rayco.

1-1. O Polvorín non apuntou ben
Comentarios