0-3. O Vilalbés claudica fronte ao Rácing de Ferrol 

O club chairego non puido romper o excelente refacho de resultados dun rival moi superior que levou o triunfo con dobrete de Juan Antonio e un tanto de penalti de Pablo Rey

El Rácing de Ferrol asaltó A Magdalena. MARTA MANCEBO
photo_camera O Rácing de Ferrol asaltou A Magdalena. MARTA MANCEBO

Non houbo premio nin agasallo adiantado de Papá Noel. O Rácing Club Vilalbés quedou coas ganas de iniciar o parón do Nadal con vitoria. Non era tarefa fácil. En fronte atopouse á mellor versión do Rácing de Ferrol —un dos claros favoritos a levar o título de Liga e a ascender de categoría—, un equipo férreo que non mostrou nin un indicio de debilidade, e que venceu case sen despeitearse.

Os ferroláns desprazáronse a terras chairegas, arroupados por decenas de afeccionados, coa clara intención de sumar o seu sétimo triunfo consecutivo. E fixérono esmagando a un Vilalbés minguado polas baixas, os malos resultados da primeira volta e unha máis que complicada posición na clasificación, onde volve situarse en postos de descenso con só 17 puntos. 

<< LE A CRÓNICA COMPLETA ESTE DOMINGO NA EDICIÓN EN PAPEL DE EL PROGRESO >>

Ficha técnica
0-. Vilalbés: Pita, López, Vérez, Muíña, David Buyo, Javi Varela, José Varela, Santi Taboada (Edrosa, m. 68), Make, Álex Pérez (Moreda, m. 80) Javi ballesteros (Arón, m. 75)
3-. Rácing de Ferrol: Diego Rivas, Seoane, Catú, Garrido, Villarejo, Joel (Luís, m. 89), Armental (Sanmartín, m.65), Pau, Pablo Rei,  Marcos Álvarez (Borja H, m. 80) e Juan Antonio.
Goles: 0-1, min. 50: Juan Antonio; 0-2, min. 65: Pablo Rei; 0-3, min.90: Juan Antonio. 

Comentarios