0-0. O As Pontes rescata un punto nun polémico encontro ante o Silva

Un momento del partido entre As Pontes y Silva. X.FERREIRO
photo_camera Un momento do partido entre As Pontes e Silva. X.FERREIRO

O CD As Pontes conseguiu rescatar un punto nun final moi polémico no encontro no Poboado. Moitas máis ocasións para os locais na primeira metade, entre outras, un disparo de Carlos que salva Adrián coa manopla (min. 19), un tiro cruzado de Cambón que marcha lambendo o poste (min. 35) ou un zapatazo de Pájaro desde fóra da área que desvía a córner con apuros o gardameta (min. 42). 

Na segunda parte o xogo igualouse, cunha ocasión visitante na que desde medio do campo a punto estivo Marcos de sorprender a Liz e, xa no tramo final, cando ambos os equipos parecían dar por bo o empate, cobrou protagonismo o colexiado nunha xogada na que tras recibir dúas tarascadas por detrás sen sinalar falta viu a segunda amarela a Fidi por protestar e, a continuación, tamén a Gonzalo, quedando o cadro local con nove. 

Xa no desconto, o dianteiro local Carlos é derrubado na área pero ve o cartón amarelo. Aínda con dous xogadores menos, tivo a última o CD As Pontes tras un centro do propio Carlos, remata a porta baleira Sánchez e salva un defensa baixo paus (min. 93).

Ficha técnica
CD As Pontes: Liz, Maroñas, Álex, Caridad, García (Sánchez, min. 72), Dani, Pájaro, Gonzalo, Carlos, Fidi e Cambón (Rivas, min. 87). 

Silva SD: Ríos, Brais, Justo, Jonathan (Rojo, min. 77), Marcos, Sergio (Falcones, min. 88), Parafita (Souto, min. 65), Jacobo, Prieto, Tomé e Fabio. 

Árbitro: Casanova Cudeiro (Ourense), auxiliado por Rodicio González e Rodríguez Delgado. Amarelas a García, Pájaro e Carlos. Expulsados por dobre amonestación Fidi (min. 84) e Gonzalo (min. 85).  

Incidencias: Unhas 150 persoas.

Comentarios