Natxo Lezkano: "É unha derrota dura e que nos pon nunha situación complicada"

O adestrador do Breogán recoñece que os seus xogadores fallaron no tiro ao final e non souberon defender ben

Natxo Lezkano. SEBAS SENANDE
photo_camera Natxo Lezkano. SEBAS SENANDE

ERROS nos momentos decisivos para caer nun partido que parecía encarrilado durante boa parte. Así foi o resumo da derrota que encaixou os Cafés Candelas Breogán ante o Tecnyconta Zaragoza no Pazo dos Deportes de Lugo, unha derrota que ao equipo lucense pódelle pesar ao final da tempada. E é que derrotas ante equipos que, como o aragonés, xogan na mesma Liga que o Breogán penalízanse excesivamente.

"A primeira parte foi igualada, o partido ía por onde queriamos. No terceiro cuarto realizamos unha saída moi boa pola nosa banda. Marchámonos quince puntos arriba aproveitando as vantaxes para por fin meter desde fóra, pero eles fóronse metendo no partido e estiveron acertados e melloraron no tramo final do partido", explicou o técnico vasco do Breogán ao comezo da súa rolda de prensa aos xornalistas.

Agora hai que mostrar personalidade e levantarnos disto, porque era un partido que necesitabamos gañar

Lezkano recoñeceu que o Breogán non defendeu ben ao Tecnyconta nos últimos minjutos do partido e tamén fallou tiros en certo xeito fáciles. "En defensa permitimos unha serie de tiros ao rival e non estivemos acertados", recoñeceu o técnico celeste, quen engadiu que "é difícil renunciar a tiros sos en ataque e iso custounos o partido".

O adestrador biscaíño tamén falou do que significa a derrota no partido deste domingo, a segunda esta campaña como local. "é unha derrota difícil, dura, que nos pon nunha situación complicada. Agora hai que mostrar personalidade e levantarnos disto, porque hoxe (por este domingo) era un partido que necesitabamos gañar", sostivo Natxo Lezkano.

Estivemos acertados durante moitos minutos, pero ao final, cando as tiñamos que meter, fallamos

McCalebb e Berhanemeskel son xogadores de moita calidade e teñen talento

"Sabiamos que eles se ían a pechar moito (en defensa). Nós puidemos tirar e estivemos acertados durante moito tempo, pero ao final, cando os tiñamos que meter, fallamos. Tivemos moitos tiros sos pero os fallamos. No outro aro anotaron eses tiros que nos condenaron , explicou algúns dos erros dos Cafés Candelas Breogán durante o partido xogado na tarde deste domingo no Pazo dos Deportes de Lugo.

Finalmente, Lezkano recoñeceu que o Breogán tería que defender mellor. "Defendémoslles mal. Non fomos o suficientemente intensos e duros que tiñamos que ser e non fixemos as faltas que tiñamos que facer para parararlos", dixo. Respecto dos xogadores máis destacados do Tecnyconta, Lezkano comentou que "McCalebb e Berhanemeskel son xogadores de moita calidade, teñen talento e atopáronse cómodos" en partidos así.

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios