A Xunta destaca que o Fuelabrada "incumpriu" as normas ao viaxar á Coruña

A Administración autonómica enviou un informe pericial ao xulgado
El jugador del Fuenlabrada Chico Flores, se asoma este miércoles a una ventana del hotel Finisterre, donde permanecen confinados. CABALAR (EFE)
photo_camera O xogador do Fuenlabrada Chico Flores, asómase a unha fiestra do hotel Finisterre. CABALAR (EFE)

O Consello da Xunta acordou trasladar ao xulgado un informe pericial elaborado por un prestixioso epidemiólogo sobre a viaxe do equipo de fútbol Fuenlabrada á Coruña, en xullo do ano pasado, con positivos de covid-19 no persoal, para disputar o último partido da tempada 2019/20 en LaLiga SmartBank. 

O informe explica que o equipo "incumpriu gravemente a súa obrigación de declarar urxentemente un brote de catro casos de covid-19", saltándose os "protocolos sanitarios".

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou este xoves que, á espera da resolución do procedemento xudicial aberto pola viaxe do Fuenlabrada, o Goberno galego determinou a suspensión temporal do expediente sancionador que se estaba tramitando contra o club madrileño e LaLiga. 

Rueda recordou que en agosto abríuselle expediente ao Fuenlabrada e a patronal do fútbol español ao ter indicios de que tomaron a "decisión de desprazarse á Coruña para xogar o partido a pesar de que eran coñecedores de varios positivos no equipo, incumprindo as normas sanitarias". 

O vicepresidente primeiro da Xunta sinalou que, "no marco deste expediente sancionador, encargouse un informe pericial" a un epidemiólogo, Juan Gestal, cunhas "conclusións moi firmes". 

Dito informe, segundo apuntou Roda, confirma que "existía un brote no Fuenlabrada", algo que tiña que ser comunicado ás "autoridades sanitarias de Madrid ao coñecer o primeiro positivo", circunstancia que non se produciu. 

"A viaxe fíxose sen autorización das autoridades sanitarias", explicou o representante do Goberno autonómico. 

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, tamén revelou que o departamento xurídico da Xunta "considerou preciso pór este informe pericial independente en coñecemento dos xulgados por se achega aspectos relevantes para o procedemento penal". 

Á espera de que a resolución do procedemento xudicial que se instrúe na Coruña, a Xunta decidiu "suspender temporalmente o expediente administrativo" aberto contra o Fuenlabrada e LaLiga. 

O partido entre o Deportivo e o Fuenlabrada pechou a tempada pasada a fase regular da Segunda división e tivo que ser aprazado polos positivos da covid-19 do equipo madrileño, o que impediu ao conxunto coruñés disputar en horario unificado a xornada na que se confirmou o seu descenso a Segunda B. 

O Fuenlabrada tivo que permanecer uns días confinado no hotel de concentración no que se aloxaba na Coruña e un dos seus futbolistas necesitou ingresar no hospital polo coronavirus.

Comentarios