Xabi Alonso anuncia a súa retirada do fútbol

Aos seus 35 anos, o xogador do Bayern colgará as botas a final de tempada
Xabi Alonso
photo_camera Xabi Alonso

O centrocampista do Bayern Múnic Xabi Alonso confirmou este xoves nas súas redes sociais de forma oficial que se retirará ao final da presente tempada.

"Vivino. Ameino. A despedida dun xogo precioso.", escribiu en Twitter Xabi Alonso, xunto a unha foto en branco e negro na que saúda, de costas, coas botas na man.

Alonso, de 35 anos, formouse no Antiguoko K.E., de San Sebastián, e militou nas categorías inferiores da Real Sociedade, con quen debutou en Primeira División, na tempada 2000-01, tras ser repescado do Eibar, ao que fora cedido. Liverpool (2004-09), Real Madrid (2009-15) e Bayern Múnic (2015-17) balizaron a súa traxectoria.

Nas súas dezaoito tempadas como profesional o gañou todo:

Un Mundial (2010) e 2 Eurocopas coa selección española (2008 e 2012).

Co Real Madrid, conquistou 1 Liga española (2012), 2 Copas do Rei (2011 e 2014), 1 Liga de Campións (2014), 1 Supercopa de España (2012) e 1 Supercopa de Europa (2014).

Co Liverpool, 1 Liga de Campións (2005), 1 Supercopa de Europa (2005), 1 Copa de Inglaterra (2006) e 1 Copa da liga (2006).

E finalmente, co Bayern, 2 Bundesligas (2015 e 16), 1 Copa de Alemaña (2016) e 1 Supercopa de Alemaña (2016).

Segundo publicou en xaneiro a alemá Sport Bild, o centrocampista comunicou a súa decisión á directiva do club bávaro ao termo da concentración de inverno que levou a cabo o Bayern durante a pausa da Bundesliga.

O campión alemán expuxéralle unha renovación por un ano máis, seguindo o modelo que aplicou con Arjen Rouben e Franck Ribery e, aínda así, deixoulle aberta a porta no caso de que cambiase de opinión, posto que é un xogador vital nos plans do técnico Carlo Ancelotti.

Alonso, con todo, decidiu anunciar o seu adeus co Bayern líder da Bundesliga e tras lograr a clasificación aos cuartos de final da liga de Campións, logo de esmagar ao Arsenal por un total de 10-2 na eliminatoria.

Comentarios