Villar dimite como vicepresidente da Uefa a través dunha carta

O presidente do ente europeo, Aleksander Ceferin, acepta a decisión e agradécelle os seus "moitos anos" de servizo ao fútbol
Ángel María Villar
photo_camera Ángel María Villar

Ángel María Villar, quen permanece desde o pasado día 20 en prisión provisional tras ser detido no marco dunha operación anticorrupción, presentou a súa dimisión como vicepresidente da Uefa e membro do Comité Executivo da Uefa, informaron fontes do órgano reitor do fútbol europeo.

A través dunha carta remitida ao presidente da Uefa, Aleksander Ceferin, o día 26 de xullo, Ángel María Villar "presentou a súa dimisión como vicepresidente da UEFA e membro do Comité Executivo da UEFA con efecto inmediato" polo que "xa non terá funcións oficiais" na organización, segundo comunicaron fontes da UEFA.

"O presidente da Uefa, Aleksander Ceferin, aceptou a carta de dimisión do señor Villar Llona e agradeceulle os seus moitos anos de servizo ao fútbol europeo. Tendo en conta os procedementos xudiciais en curso en España, non temos máis comentarios que facer sobre este asunto", apunta a Uefa.

Máis en Deporte General
Comentarios