Víctor Sánchez, novo adestrador do Betis

O extécnico do Deportivo será presentado o vindeiro luns
Víctor Sánchez del Amo, durante un partido de Liga en su etapa en el Dépor
photo_camera Víctor Sánchez del Amo, durante un partido de Liga en su etapa en el Dépor

O Real Betis Balompé anunciou este venres a través da súa páxina web a contratación de Víctor Sánchez del Amo como novo adestrador do primeiro equipo en substitución do uruguaio Gustavo Poyet.

Na nota, na que o club agradece a Poyet e ao seu equipo o esforzo e dedicación da que fixeron gala durante o tempo no que dirixiron ao equipo, infórmase que o novo técnico dirixirá o seu primeiro adestramento o vindeiro luns.

TRAXECTORIA. Víctor Sánchez del Amo chegou en 2011 ao Sevilla como axudante de Michel, a quen acompañaría en 2012 ao Olympiacos de Atenas, equipo co que estivo ata 2014.

En abril de 2015 foi contratado para a dirixir ao Real Club Deportivo da Coruña en substitución de Víctor Fernández, equipo co que estivo ata o 30 de maio de 2016, cando foi destituído.

En xuño deste ano pasou a dirixir ao Olympiakos FC grego, conxunto que tivo que abandonar tras caer na rolda previa da liga de Campións.

No seu palmarés como xogador conta cunha Copa de Europa, tres Supercopas de España, dúas Ligas, unha Copa do Rei e unha Eurocopa sub 21, mentres que como segundo adestrador gañou dúas Ligas e unha Copa en Grecia.

Marcos Álvarez continúa exercendo as funcións de preparador físico do primeiro equipo.

Víctor Sánchez del Amo será presentado o vindeiro luns polo presidente do Real Betis, Ángel Haro, e o director deportivo, Miguel Torrecilla.

Comentarios