Del Bosque defende o uso do vídeo por parte dos árbitros nos partidos

O exseleccionador nacional cre que o VAR aínda necesita perfeccionarse pero que é unha "ferramenta que axudará"
Vicente del Bosque
photo_camera Vicente del Bosque

O exseleccionador español Vicente del Bosque mollouse este venres sobre os temas de actualidade no fútbol, incluso sobre o polémico VAR. Nun acto celebrado en Sevilla o salmantino deixou claro que a pesar de ser "tradicional" está a favor da implementación do vídeo no fútbol.

Vicente del Bosque cre que aínda é necesario "perfeccionar" o VAR para que non rompa o ritmo de xogo. No entanto se se chega a ese punto o adestrador considera que "é unha ferramenta que axudará a avanzar nos problemas arbitrais" e que non fará que "se perda a esencia do fútbol".

En canto ao Mundial de clubs o exseleccionador cualifícao como un "torneo importante" e ve ao Madrid como claro favorito. O mesmo papel outórgalle aos brancos na liga, aínda que recoñece que quedan moitos partidos por diante.

O salamantino tamén recoñeceu que cando estivo á fronte do combinado nacional equivocouse ao non contar máis con Vitolo. Por outra banda eloxiou a Cristiano Ronaldo polo seu "merecido" Balón de Ouro e insistiu que Iniesta non necesita os votos dos xornalistas para ser un gran xogador.

Máis en Deporte General
Comentarios