Vettel e Ferrari volven subir ao alto do podio ano e medio despois

Carlos Sainz terminou oitavo no Gran Premio de Australia e Alonso viuse obrigado a abandonar a tres voltas do final por un problema mecánico
Sebastian Vettel celebra su triunfo
photo_camera Sebastian Vettel celebra su triunfo

O piloto alemán Sebastian Vettel (Ferrari) gañou o Gran Premio de Australia, a primeira carreira de 2017, por diante do británico Lewis Hamilton (Mercedes) e o seu compañeiro finés Valtteri Bottas, co que a escuadra italiana volveu conseguir a vitoria un ano e medio despois da última.

Vettel fíxose co triunfo grazas a unha acertada estratexia ao realizar a súa única parada da carreira antes de Hamilton, co que logrou a vitoria número 43 da súa carreira, un ano e medio despois do seu último triunfo e o de Ferrari, que foi en setembro de 2015 no Gran Premio de Singapura.

A cuarta posición foi para o outro Ferrari do finlandés Kimi Raikkonen, seguido polo holandés Max Verstappen (Red Bull), o brasileiro Felipe Massa (Williams) e o mexicano Sergio Pérez (Force India), sétimo.

O español Carlos Sainz (Toro Rosso) terminou oitavo por diante do seu compañeiro ruso Daniil Kvat e do francés Esteban Ocon (Force India), que pechou a zona de puntos co décimo lugar tras pasar ao español Fernando Alonso (McLaren-Honda), que se viu obrigado a abandonar a tres voltas do final por un problema mecánico.

Comentarios