Varios partidos de Terceira aprazados no seu día xogaranse o domingo 21

Balón de fútbol. GONZALO GARCÍA
photo_camera Balón de fútbol. GONZALO GARCÍA

O xuíz único de competición decidiu este martes que algúns dos encontros aprazados no seu día na liga da Terceira División galega xóguense o domingo 21 deste mes. Deste xeito, o calendario de modifica e obriga a desprazar unha semana cada unha das xornadas que quedan nesta primeira fase. De todos os xeitos, como son varios os equipos ao que lle falta máis dun partido por xogar deberanos xogar entre semana nunhas datas que se coñecerán no seu momento.

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) anunciou a pasada semana os encontros aínda pendentes por xogarse, que son os seguintes: Paiosaco- Fabril, Fisterra-Somozas, que se disputarán o mércores 10 de febreiro ás 20.00 e 20.30, respectivamente; Fabril-Silva, Fisterra-Polvoreira e Paiosaco-Fisterra, que xogarán o mércores 17 ás 20.30 (Grupo A-1). O Arenteiro-Arousa xogarase o mércores 10 ás 17.00 (B-1).

Máis en Deporte General
Comentarios