Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Valverde rabuña segundos a Yates e Mas sóbese ao podio

Woods impúxose no Balcón de Bizkaia. MANUEL BRUQUE
Woods impúxose no Balcón de Bizkaia. MANUEL BRUQUE

Woods impúxose no Balcón de Bizkaia ► Nairo Quintana cedeu máis dun minuto

O canadense Michael Woods (Education First) impúxose na decimoséptima etapa da Vuelta disputada entre Getxo e o Monte Oiz, de 157 quilómetros,

Woods investiu un tempo de 4h.09.48 e avantaxou en 5 segundos ao belga Dylan Teuns (BMC) e en 10 ao español David de la Cruz (Sky).

A 2,40 entrou Alejandro Valverde, que sacou 9 segundos a Simon Yates. O británico mantén o liderado por 25 segundos respecto ao murciano, que entrou en meta xunto ao balear Enric Mais, de 23 anos e quen se empolicou ao terceiro banzo do podio. Queda a 1.22 do líder. 

Steven Kruijswijk e Nairo Quintana deixáronse máis dun minuto con respecto a Valverde e caen ao quinto e sexto posto da xeral. Mentres que o colombiano Miguel Ángel López ascende á cuarta praza.

Este xoves dispútase a décimo oitava etapa entre Ejea de los Caballeros e Lleida, de 186,1 quilómetros. 

Clasificación de La Vuelta

Valverde rabuña segundos a Yates e Mas sóbese ao podio
Comentarios