A Uefa sanciona con catro partidos a Simeone

Foi expulsado no partido de ida das semifinais da liga Europa contra o Arsenal o 26 de abril

Simeone. EFE
photo_camera Os do Cholo Simeone, entre os máximos favoritos a gañar a competición. EFE

A Comisión de Control, Ética e Disciplina da Uefa sancionou este venres con catro partidos ao adestrador do Atlético de Madrid, Diego Pablo Simeone, un dos cales xa cumpriu este xoves á noite, pola súa expulsión no partido de ida das semifinais da liga Europa contra o Arsenal o 26 de abril.

Simeone foi expulsado polo árbitro francés Clement Turpin no minuto 13 daquel encontro por protestar iradamente a este tras unha falta sobre Lucas Hernández, tres minutos despois da expulsión por dobre amarela do croata Sime Vrsaljko.

O técnico arxentino tamén terá que pagar unha multa de 10.000 euros e non poderá dirixir ao seu equipo na final o día 16 en Lyon contra o Olympique de Marsella, segundo indicou a Uefa, que impuxo outra multa na mesma contía ao Atlético de Madrid por lanzamento de obxectos naquel encontro disputado en Londres (1-1).

Comentarios