A UEFA anunciou este venres a sanción ao Manchester City de non poder competir nas dúas próximas Ligas de Campións e 30 millóns de euros de multa por cometer "graves infraccións" nas regulacións de licenzas da UEFA e nos límites financeiros.
A Cámara de Adxudicacións da UEFA considerou, unha vez revisadas todas as probas, que o City cometeu graves infraccións nas regulacións de licenzas da UEFA e nas regulacións relativas ao fair play financeiro, ao esaxerar o seu beneficio de patrocinadores nas informacións transmitidas á UEFA entre 2012 e 2016".