O Tribunal Supremo anula unha multa de Facenda a Piqué de 2,1 millóns

O alto tribunal estima o recurso do futbolista contra a orde ditada pola Audiencia Nacional
Gerard Piqué. AEP
photo_camera Gerard Piqué. AEP

O Tribunal Supremo anulou unha multa de 2,1 millóns de euros imposta por Facenda ao xogador do Fútbol Club Barcelona Gerard Piqué en relación ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) dos exercicios 2008, 2009 e 2010.

Nunha sentenza o alto tribunal estima o recurso de Gerard Piqué contra a orde ditada pola Audiencia Nacional, que confirmou a sanción imposta e que agora queda anulada.

O recurso seguido ante a Audiencia Nacional tivo por obxecto a resolución do Tribunal Económico-Administrativo Central (TEAC), que só parcialmente estimara a reclamación formulada polo futbolista fronte ao acordo de liquidación tributaria ditado pola Dependencia Rexional de Inspección da Delegación Especial de Cataluña polo IRPF dos citados exercicios.

comentarios