¡Teresa Portela fai historia: logra a prata en Tokio aos seus 39 anos!

A padeeira de Cangas consegue a ansiada medalla nos seus sextos Xogos tras unha final para o recordo en K1 200
Teresa Portela, en el podio de Tokio. JOSÉ MÉNDEZ
photo_camera Teresa Portela, exultante tras lograr a prata. KIYOSHI OTA

Á sexta foi a vencida. A padeeira canguesa Teresa Portela fixo historia este martes en Tokio, onde, aos seus 39 anos, logrou a medalla de prata en K1 200 nunha final para o recordo. 

O ouro era un reto case inalcanzable e foi para a favorita, a neozelandesa Lisa Carrington, que bateu a marca olímpica. E o bronce levouno a danesa Emma Jorgensen. No medio, unha galega, nai e historia viva xa do deporte español. Portela asinou un tempo de 38.883, peor en 0.763 segundos que o da neozelandesa, que suma o seu terceiro ouro consecutivo tras Río 2016 e Londres 2012.

O mito de Aldán, que levaba perseguindo a presea olímpica desde Sidney 2000, sumou así a oitava medalla de España en Tokio 2020 (logo Joan Cardona logro a novena) e a segunda para a representación galega, tras o bronce de Ana Peleteiro en triplo salto.

Máis en Deporte General
Comentarios