miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

Támara Echegoyen volve quedar co mel nos beizos

Echegoyen y Barceló, durante la Medal Race. LAVANDEIRA JR
Echegoyen e Barceló. LAVANDEIRA JR
A pontevedresa acaba, xunto a Paula Barcelo, cuarta en 49erFX, mesmo posto que logrou en Río 2016

Outra vez cuarta, como en Rio 2016. Támara Echegoyen tivo que conformarse de novo coa medalla de chocolate. Xunto á balear Paula Barceló, a pontevedresa conseguiu entrar no podio tras concluír sextas a Medal Race en 49erFX, xusto por detrás das alemás Tina Lutz e Susann Beucke, que defendían a terceira posición e acabaron levándose a prata.

O ouro foi para as brasileiras Martine Greael e Kahena Kunze, campioas olímpicas en Río, e o bronce recaeu nas holandesas Annemiek Bekkering e Annette Duetz, que chegaban primeiras á Medal Race e subiron ao podio por un só punto de diferenza con respecto ás españolas. 

Echegoyen non puido converterse este martes na primeira galega con dúas medallas olímpicas. Foi ouro en Londres 2012 co Elliott 6m, en Rio 2016 acabou cuarta en 49erFX e esta vez, xunto á balear Paula Barceló, repetiu na posición máis dolorosa dunha final olímpica.
 

Támara Echegoyen volve quedar co mel nos beizos
comentarios