Aspas e Lucas Vázquez, savia galega entre os 23 de Lopetegui

Os 'vigueses' Rodrigo e Thiago tamén forman parte dunha lista na que Monreal é a gran novidade

Julen Lopetegui. EFE
photo_camera Julen Lopetegui. EFE

Nacho Monreal, defensa do Arsenal, entrou definitivamente na lista de 23 convocados por Julen Lopetegui, seleccionador español, para o Mundial de Rusia 2018, na que non entran dous xogadores que participaron activamente na previa como Álvaro Morata (Chelsea) e Víctor Machín, Vitolo (Atlético de Madrid).

Lopetegui ofreceu a lista de convocados este luns no auditorio do distrito Telefónica en Madrid. España xogará no grupo B do Mundial ante Portugal, Marrocos e Irán.

Os 23 convocados
- Porteiros: David de Gea (Manchester United/ING), Pepe Reina (Nápoles/ITA), Kepa Arrizabalaga (Athletic)

- Defensas: Dani Carvajal, Sergio Ramos, Nacho Fernández (Real Madrid), Gerard Piqué, Jordi Alba (Barcelona), César Azpilicueta (Chelsea/ING), Nacho Monreal (Arsenal/ING) e Álvaro Odriozola (Real Sociedade).

- Medios: Sergio Busquets, Andrés Iniesta (Barcelona), David Silva (Manchester City/ING), Koke Resurrección, Saúl Ñíguez (Atlético de Madrid) e Thiago Alcántara (Bayern Múnic/GER).

- Dianteiros: Isco Alarcón, Marco Asensio, Lucas Vázquez (Real Madrid), Diego Costa (Atlético de Madrid), Iago Aspas (Celta) e Rodrigo Moreno (Valencia). 

Máis en Deporte General
Comentarios