Sergio Ramos incumpriu dúas veces as regras antidopaxe

Segundo Football Leaks, o central do Real Madrid deu positivo tras a final de Champions de 2017, pero a UEFA creu as súas explicacións ► En abril de 2018 tivo outro caso sospeitoso

Sergio Ramos y Karin Benzema celebran el segundo gol del equipo blanco. ENRIC FONTCUBERTA (EFE)
photo_camera Sergio Ramos. ENRIC FONTCUBERTA (EFE)

Football Leaks revelou este venres que Sergio Ramos, capitán do Real Madrid, incumpriu as regras antidopaxe en dúas ocasións, unha delas tras a final da Champions de 2017 contra a Juventus.

Segundo o diario alemán Der Spiegel, o de Camas deu positivo por dexametasona, un potente antiinflamatorio. A UEFA aceptou tanto as súas explicacións como as do médico do Real Madrid. E é que, segundo a normativa, este medicamento pode usarse sempre que se informe diso. En cambio, xunto á mostra de ouriños de Ramos indicábase que si fora inxectado no ombreiro con outro antiinflamatorio parecido o día anterior á final, celestone cronodose, unha sustancia similar. O galeno asumiu a responsabilidade e atribuíu o seu erro á euforia pola vitoria.

O segundo caso ocorreu en abril de 2018, tras un partido ante o Málaga. Nese caso é o Hamburguer Nachrichtenmagazin quen contrastou a información revelada por Football Leaks. Ramos duchouse antes de pasar a proba a pesar de que fora advertido de que tería consecuencias. Segundo a axencia española de antidopaxe, non se pode ir ao servizo nin darse unha ducha antes dun test de ouriños.

O REAL MADRID DEFENDE AO XOGADOR. O Real Madrid respondeu cun comunicado ás presuntas irregularidades de Sergio Ramos, aclarando que o seu capitán "nunca incumpriu a normativa de control antidoping" e que a Uefa pechou a investigación en canto tivo a información.

"Sergio Ramos nunca incumpriu a normativa de control antidoping", reza o primeiro punto do comunicado difundido polo Real Madrid como resposta ao publicado este venres en referencia ao seu capitán.

"A Uefa solicitou información puntual e pechou o asunto referido inmediatamente, como é habitual nestes casos, tras a verificación dos propios expertos da axencia mundial antidopaxe, Ama, e da propia Uefa", engade nun segundo punto.

Máis en Deporte General
Comentarios