Complícase a fichaxe do técnico galego Fernando Vázquez polo Zaragoza

O club aragonés busca xa alternativas ao de Castrofeito ante o desacordo de última hora

Aínda que parecía confirmada a súa contratación, cada vez arrefríase máis a posibilidade de que Fernando Vázquez acabe fichando polo Real Zaragoza. O club aragonés e o seu representante seguen negociando, pero hai desacordo sobre a indemnización que pide o adestrador de Castrofeito no caso de que o Zaragoza suba a Primeira División e decida prescindir dos seus servizos.

Na xornada do martes xa se daba por feita a súa fichaxe, pero ao final o extécnico de Deportivo, Celta, Compostela, Lugo, Lalín e un bo número de equipos de toda España (Betis, Valladolid, As Palmas...)  afástase do banco da Romareda. De feito, este mesmo ano Vázquez dixo non ao Mallorca e ao Almería e incluso a un club estranxeiro para dirixir a todo un histórico como o Zaragoza.

Comentarios