Saúl causa baixa na selección nacional sub 21

O futbolista do Atlético sofre unha escordadura de nocello e é dúbida para o partido de Champions contra o Barcelona

Saúl Ñíguez, centrocampista do Atlético de Madrid, causou baixa por lesión na selección nacional sub 21 e non xogará o partido amigable contra Noruega en Murcia.

Segundo informa a páxina dos equipos nacionais, o parte médico oficial do doutor Jorge Guillén Montenegro, responsable na presente concentración da selección xunto co doutor Lorenzo García, sofre unha escordadura no seu nocello esquerdo producido durante o encontro do pasado xoves fronte a Croacia.

O xogador foi tratado con crioterapia e AINES (antiinflamatorios non esteroideos) e optouse porque é mellor que non viaxe este domingo cos seus compañeiros a Murcia. O futbolista do Atlético podería perderse o partido de ida da Champions contra o FC Barcelona.

Comentarios