O Real Madrid asinou un novo contrato como técnico do primeiro equipo ao arxentino Santiago Solari, ata o 30 de xuño de 2021, tras a reunión mantida co presidente Florentino Pérez e o visto e prace da xunta directiva do club.
Solari, técnico interino tras a destitución de Julen Lopetegui, venceu os catro partidos que dirixiu antes de ser confirmado para todos os efectos como técnico do primeiro equipo, tras haberse formado nas categorías inferiores da casa branca.
Segue así os pasos de Zinedine Zidane e é a aposta do Real Madrid por un técnico da casa nunha tempada cun mal inicio, converténdose no decimotercer adestrador con Florentino Pérez na presidencia e o cuarto arxentino na historia do club, tras Luis Antonio Carniglia, Alfredo dei Stéfano e Jorge Valdano.