O Real Madrid anuncia que non apoiará o acordo entre LaLiga e o fondo CVC

Non pode apoiar un convenio que regala a uns investidores o futuro de 42 equipos de Primeira e Segunda división 
Florentino Pérez. EP
photo_camera Florentino Pérez. EP

 O Real Madrid anunciou este xoves, a través dun comunicado oficial, que nou apoiará o acordo estratéxico entre LaLiga e o fondo internacional CVC –Capital Partners porque é unha operación "que regala a uns investidores o futuro de 42 clubs de Primeira e Segunda División". 

A entidade presidida por Florentino Pérez informou de que proximamente convocará unha asemblea de socios compromisarios para debater sobre o acordo entre LaLiga e CVC para responder á operación que desvelou este mércores o organismo presidido por Javier Tebas. 

LaLiga apoiou a operación esta semana tras a aprobación por unanimidade da súa Comisión Delegada. No citado acordo, CVC inxectaría 2.700 millóns na organización dirixida por Tebas a cambiou dun 11 por cento do negocio. O 90 por cento do diñeiro, iría destinado aos equipos profesionais para os seus investimentos en infraestruturas. 

O Real Madrid sinalou que o acordo se fixo sen contar coa súa participación e coñecemento e destacou que LaLiga permitiu por primeira vez este xoves acceso "limitado" aos termos da operación. 

"Os clubs teñen cedidos os dereitos audiovisuais exclusivamente para a súa comercialización en réxime de competencia e por un prazo de 3 anos. Este acordo, usando unha estrutura enganosa, expropia aos clubs o 10,95 por cento dos seus dereitos audiovisuais durante 50 anos e en contra da lei", agregou no citado comunicado. 

Ademais, afirmou que a negociación levou a cabo sen un "proceso competitivo" e manifestou que las condiciones económicas pactadas co fondo CVC danlle unhas rendibilidades de máis do 20 por cento anual

"Este mesmo fondo oportunista é o que intentou sen éxito acordos similares coas ligas italiana e alemá. O Real Madrid non pode apoiar unha operación que regala a uns investidores o futuro de 42 clubs de Primeira e Segunda División e o futuro dos clubs que se clasificasen durante estes 50 anos", engade. 

"O Real Madrid convocará a asemblea de socios compromisarios para debater sobre o acordo e sobre as importantes perdas patrimoniais sen precedentes nos nosos 119 anos de historia", conclúe. 

Comentarios