Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

Raikkonen deixa Ferrari e ficha por Alfa Romeo Sauber

Kimi Raikkonen. YURI KOCHETKOV (EFE)
Kimi Raikkonen. YURI KOCHETKOV (EFE)

O seu substituto podería ser o piloto de Sauber Charler Leclerc

O finlandés Kimmi Raikkonen, o último piloto que conquistou o título mundial de Fórmula Un para Ferrari, en 2007, non continuará na escuadra italiana a próxima tempada. Será piloto de Alfa Romeo Sauber a partir de 2019 e durante dúas tempadas, segundo anunciaron desde o citado equipo.

"A escuadra Ferrari anuncia que, ao final da tempada 2018, Kimi Raikkonen cesará no seu actual rol", informou o equipo italiano por medio dun comunicado.

"Durante estes anos, a contribución de Kimi ao equipo, tanto como piloto como polas súas calidades humanas, foi fundamental. Él xogou un papel decisivo no crecemento do equipo e, ao mesmo tempo, sempre foi un gran piloto de equipo", engade o comunicado.

"Como campión do mundo coa escuadra Ferrari, sempre formará parte da historia e a familia do equipo. Por todo isto, estámoslle agradecidos a Kimi e desexámoslle un próspero futuro a el e a súa familia", conclúe.

O substituto de Raikkonen a próxima tempada, podería ser o piloto de Sauber Charler Leclerc, de 20 anos, aínda que Ferrari non confirmou aínda quen será o piloto que acompañe a Sebastian Vettel na grella. 

Raikkonen deixa Ferrari e ficha por Alfa Romeo Sauber
Comentarios