Quintana, sobre os asubíos a Froome: "Ás veces recolles o que sementas"

"É unha pena que sucedan esas cousas, pero eran conscientes do que podía ocorrer", declarou o colombiano

Nairo Quintana. EFE
photo_camera Nairo Quintana. EFE

O colombiano Nairo Quintana (Movistar) dixo que non considera "agradable" que o británico Chris Froome fose asubiado por parte dun sector do público que a véspera asistiu á presentación do seu equipo no Tour, pero subliñou que ás veces "recolles o que sementas"

"Recibir asubíos do público non é agradable e non é bo para ninguén e espero que se evite de agora en diante. Ás veces do que sementas recolles", dixo Quintana no hotel do equipo Movistar, na localidade de Cholet.

Alejandro Valverde tamén se referiu á resposta de parte do público cando subiu ao escenario o tetracampeón británico, cuxo "caso salbutamol" foi arquivado pola UCI, o que lle permite tomar a saída no Tour despois do veto da carreira.

"É unha pena que sucedan esas cousas, pero eran conscientes do que podía ocorrer. Mañá empeza a carreira e hai que falar do Tour e de ciclismo e non de cousas antideportivas. é unha pena pero ao final hai que levalo como vén".

Pola súa banda, Mikel Landa mostrouse taxativo ao afirmar que non lle gustaría pasar por ese transo de rexeitamento do público.

"Non me gustaría que me asubiasen, hai moita rivalidade dentro e fóra do deporte e chégase a extremos, sempre hai xente que che quere e xente que che pita". 

comentarios