¡Prata para o K4 dos galegos Germade e Arévalo!

Alemaña deixa sen o ouro ao barco dos padeeiros de Cangas e Betanzos â?? Craviotto convértese no deportista español con máis medallas igualando as cinco de David Cal
El K4 de Craviotto, Cooper, Arévalo y Germade. FERNANDO BIZERRA
photo_camera O K4 500, no seu debut en Tokio. COE

Cangas e Betanzos son de prata. O K4 integrado por Saúl Craviotto, Marcus Cooper Walz e os galegos Rodrigo Germade e Carlos Arévalo subiuse este sábado de madrugada ao segundo chanzo do podio en Tokio 2020, tras unha final dos 500 metros na que os alemáns foron máis rápidos no tramo final da proba.

Germade agranda a lenda da súa Cangas natal, a localidade galega que nunca falta á súa cita cos Xogos e xa suma con esta oito medallas olímpicas en piragüismo, tras as cinco de David Cal entre Atenas, Pequín e Londres, a de Carlos Pérez Rial en 2008 e a de Teresa Portela en Tokio.

O K4 español saíu como unha bala, facendo bos os presaxios das series previas nas que voaran. Pero o seu gran rival, Alemaña, chegou con máis enerxía aos metros finais e impúxose na meta por tan só unhas centésimas.

SEMIFINAIS. O equipo español de K4 meteuse na final tras gañar a súa serie de semifinais. O cuarteto español asinou un tempo de 1:24.355, 513 milésimas de segundo por diante do equipo dos australianos Lachlan Tame, Riley Fitzsimmons, Stewart Murray e Jordan Wood.

En terceira e cuarta posición quedaron os húngaros Kornel Beke, Kolos Csizmadia, Bence Nádas e Sándor Tótka e os portugueses Messias Baptista, Joao Ribeiro, Emanuel Silva e David Varela, que completaron o pase á final. Aos españois non lles fixo falta facer unha exhibición como a da rolda previa, na que lograron a marca olímpica nunha proba que se estrea nuns Xogos.

Histórico Craviotto
Germade logrou para Cangas a súa segunda medalla nesta cita olímpica, tras a prata de Teresa Portela. Craviotto, pola súa banda, igualou a David Cal como o español con mais medallas. Sumou en Tokio a súa quinta presea, pero ten dous ouros, unha prata e un bronce fronte ao único ouro e as catro pratas do morracense.

Comentarios