A pontevedresa Paula Dapena négase a homenaxear a Maradona

Deu as costas durante o minuto de silencio do amigable entre as Viaxes Interrías e o Deportivo
Paula Dapena, de espaldas en el minuto de silencio por Maradona. TWITTER (@RCDeportivo)
photo_camera Paula Dapena, de costas no minuto de silencio por Maradona. TWITTER (\RCDeportivo)

A pontevedresa Paula Dapena, xogadora do Viaxes Interrías, converteuse nunha das protagonistas deste domingo no deporte. A súa negativa a homenaxear a Maradona no minuto de silencio que se gardou no amigable que enfrontou ao seu equipo contra o Deportivo en Riazor levouna ás portadas da prensa deportiva de todo o país. 

A xogadora, fiel ás súas ideas feministas, púxose de costas durante o minuto de silencio ao non entender que se lle faga unha homenaxe a un "violador, pedófilo, puteiro e maltratador", como dixo en declaracións Pontevedra Viva.

A acción de Dapena, neta de Cholo, histórico do Pontevedra do Hai que Roelo, gañouse moitos aplausos este domingo nas redes sociais. "Avanzaches anos na loita por sentarte nun minuto de silencio",  escribía un usuario de Twitter.

Tamén houbo quen a criticou e incluso celebrou que o seu equipo, o Viaxes Interrías, de Primeira Nacional, perdese por 10-0 no amigable contra o Deportivo, da liga Iberdrola. 

Máis en Deporte General
Comentarios