Peque, operada con éxito en Lugo dun problema rotuliano

A xogadora do Pescados Rubén Burela FS foi intervida polo doutor Adrián Galego Goyanes e podería estar dúas semanas de baixa
Peque. AEP
photo_camera Peque durante un partido desta tempada. AMA

A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Patricia González Mota, Peque, foi intervida do problema rotuliano mediante unha cirurxía minimamente invasiva. A operación realizouna o doutor Adrián Gallego Goyanes no Hospital Polusa de Lugo, especialista en cirurxía ortopédica e traumatología deportiva. A operación foi un éxito.

Fontes do club aseguran que nunha ou dúas semanas podería estar dispoñible para Lucas, adestrador do primeiro equipo feminino do Burela FS.

A xogadora madrileña perderase o partido do conxunto laranxa esta fin de semana que enfronta ao equipo mariñán co Poio ás 17.00 horas no Palacio Vista Alegre de Burela.

Máis en Deporte General
Comentarios