Castaño afea a Carreño que non se acordase de Lama no primeiro programa tras a súa separación

"Non dixeron nin unha palabra dun compañeiro que presentou o programa durante os últimos dez anos", lamentou o locutor galego
Pepe Domingo Castaño
photo_camera Pepe Domingo Castaño

Pepe Domingo Castaño saíu en apoio do seu compañeiro Manolo Lama e cargou contra Manu Carreño por non acordarse do que foi compañeiro seu nos Deportes de Cuatro durante os últimos dez anos. 

O locutor galego afeou que non houbese ningún recordo para Lama no primeiro programa logo da separación do dúo tras a fichaxe de Carreño pola Ser, rival da Cope.  "Vin onte Os Manolos para ver se os presentadores se acordaban dun compañeiro que presentou o programa durante os últimos 10 anos. Non dixeron ningunha palabra", lamentou Pepe Domingo Castaño ao comezo de Tiempo de Juego.

Comentarios