Paco González será a voz da Eurocopa en Mediaset

O xornalista da Cope narrará xunto a Manu Carreño os partidos da selección española
Paco González
photo_camera Paco González

O grupo Mediaset fichou a Paco González, director de 'Tiempo de Juego' na Cope, para narrar os partidos da selección Española, segundo o portal Vertele.

O xornalista xa formou parte do equipo de Mediaset nas retransmisións do Mundial de Sudáfrica 2010, a Eurocopa de 2012 e o pasado Mundial de Brasil. O seu compañeiro nas narracións desta Eurocopa 2016 será Manu Carreño.

Á cita futbolística, que se celebrará en Francia do 10 de xuño ao 10 de xullo, tamén acudirán outros xornalistas da casa como Manolo Lama, Matías Prats Jr. ou Juanma Castaño.

Aínda se descoñece a identidade do xornalista encargado de narrar os partidos nos que non xogue España, xa que Mediaset comprou un total de 23 encontros, emitindo en aberto un por xornada.

Comentarios