O CD Boiro é novo equipo de Segunda B

Ao equipo da Barbanza bastoulle unha derrota pola mínima ante o Caudal [1-0] para facer bo o 2-0 da ida e conseguir o obxectivo ► O Choco, Dépor B e Cerceda seguen na batalla por acceder á categoría de bronce e o Racing de Ferrol di adeus ao seu soño de alcanzar a Segunda División
La afición del CD Boiro se desplazó a Mieres para animar a su equipo
photo_camera La afición del CD Boiro se desplazó a Mieres para animar a su equipo

Galicia conservará mínimo as súas seis prazas de Segunda División B a próxima tempada. O Boiro substituirá ao Compostela na categoría de bronce, logo de lograr o ascenso de Terceira División este domingo en Mieres. O cadro adestrador por José Luis Lemos, no que xogan os exgranates Tubo, Stefan Rodríguez, Sidibé, Yahvé, Tachi e Suso, logrou o salto de categoría con sufrimento, logo de perder no partido de volta en chan asturiano por 1-0. O marcador logrado na Barraña (2-0) resultou determinante para os intereses do conxunto da Barbanza. 

O Choco, o Deportivo B e o Cerceda tamén seguen na batalla polo ascenso a Segunda B, logo de superar as súas respectivas eliminatorias da primeira rolda fronte ao Badaxoz, O Palmar e o Villaralbo, respectivamente. O conxunto coruñés igualou (1-1) no enfrontamento de volta e fixo bo o seu resultado da ida (3-1), mentres que o once branquivermello necesitou da prórroga para lograr o 2-1 e obter o seu pase á segunda rolda, xa que nos 90 minutos produciuse o (1-1), o mesmo marcador que hai sete días. 

Ademais do Boiro, tamén ascenderon o Zamudio (País Vasco), o San Sebastián de los Reyes (Madrid), o Mallorca B (Baleares), o Prat (Cataluña), o Estremadura, o Atlético Saguntino (Valencia), o Córdoba (Andalucía Oriental) e a Atlético Mancha Real (Andalucía Occidental). 

RACING, ELIMINADO. O Reus é novo equipo de Segunda División, logo de superar ao Racing de Santander por un contundente resultado global (4-0) nun dos cruzamentos de campións de grupo de Segunda B. O outro se resolverá este luns entre o UCAM de Murcia e o Real Madrid Castela. O filial branco terá o factor cancha a favor para intentar remontar o 2-1 logrado polos murcianos no seu primeiro duelo. 

A noticia para o fútbol galego foi a eliminación do Racing de Ferrol na Malata contra o Cádiz. O conxunto verdibranco caeu por 1-2 no seu terreo de xogo, o que o deixou fóra do camiño por subir, logo da igualada (0-0), do enfrontamento de ida. 

O único conxunto do grupo I que logrou un resultado favorable foi o Logroñés, que empatou no partido de volta contra o Vilarreal B (1-1) despois do 0-0 do choque de hai sete días e avanzou á seguinte eliminatoria. 

Pola súa banda, o Tudelano foi incapaz de remontar contra o Hércules, que venceu os dous encontros pola mínima e enviou ao bloque navarro de vacacións tras unha gran campaña.

Máis en Deporte General
Comentarios