Nolito admite que o Atlético preguntou por el

O internacional do Celta recoñece que lle gustaría xogar no equipo de Simeone

O internacional español do Celta de Vigo, Manuel Agudo 'Nolito', afirmou este venres que lle consta que o Atlético de Madrid preguntou por el, pero ao mesmo tempo deixou claro que de momento non fichou polo conxunto branquivermello.

"Si me consta que se puxeron en contacto. Pero de que pregunten a que che acaben asinando. Unha negociación nunca foi fácil, nin cando fichei polo Celta", declarou o futbolista tras participar na presentación da Copa Coca Cola.

O atacante gaditano, máximo goleador celeste esta tempada, non ocultou que lle gustaría fichar polo Atlético de Madrid: "A quen non lle gustaría xogar no Atlético! É un club que o ano pasado foi campión de Liga, que xoga Champions e que loitará por outros obxectivos".

"Pero eu estou aquí -continuou-, estou contento, xogo, fago goles e vaime ben. Pero tamén é verdade que ao principio me caían paus. Aquí ninguén é bobo. Quédanme catro anos de contrato co Celta e non sei o que vai pasar no futuro".

Varios equipos interésanse por Nolito, por quen o Atlético de Simeone chegaría a ofrecer dez millóns de euros.

Máis en Deporte General
Comentarios