Nibali coroa La Toussuire e Nairo recórtalle 32 segundos a Froome

O italiano culmina unha escapada de 50 km para porse a tiro de podio mentres que o colombiano queda a algo máis de dous minutos e medio do líder do Sky a falta da decisiva etapa do sábado en Alpe d'Huez
Nibali a su llegada en solitario a meta
photo_camera Nibali a su llegada en solitario a meta

O italiano Vincenzo Nibali logrou este venres o triunfo na decimonovena etapa o Tour polo que se mete na loita polo podium de París, mentres que o colombiano Nairo Qintana superou en medio minuto á camisola amarela, o británico Chris Froome.

O xefe de filas do Movistar atacou a falta de algo máis de 6 quilómetros para a cima da Toussuire, porto de primeira categoría onde estaba situada a meta e logrou distanciar ao líder do xeneral, que regulou para limitar as perdas. Coa bonificación, Quintana queda a 2.38 de Froome a falta da penúltima etapa do sábado, con final no mítico porto do Alpe d'Huez. Con todo, o colombiano móstrase ambicioso de face a esta etapa. "Pensabamos recortar máis tempo pero Froome defendeuse ben, aínda está forte. O sábado volveremos intentalo (...) Intentarémolo desde máis lonxe, é un porto bo, imos tratar de controlar para conseguir tamén a vitoria de etapa", sinalou o xefe de filas de Movistar. Respecto da etapa deste venres, Nairo xustificou o seu ataque tan preto de meta. "O ritmo era bastante alto, era unha bobada atacar antes porque o ritmo do Tinkoff era alto. Pensabamos que non habería moita diferenza nese tramo. Atacamos onde pensabamos que era posible", indicou.

O seu compañeiro de equipo, o español Alejandro Valverde, mantivo a súa terceira posición no podium, agora a 5.25 do británico. Pero o murciano ten agora unha renda de só 1.19 sobre o cuarto, que é Nibali, que tras a súa exhibición colocouse cuarto e meteuse de cheo na loita polo podium. A pesar disto o líder do Astana ve moi difícil meterse entre os tres primeiros polo desgaste sufrido nesta xornada. "O podium é moi difícil, hoxe (polo venres) recortei tempo, vin que por detrás outros equipos traballaron para que non tivese moita vantaxe. Tiña uns dous minutos todo o intre e non crecía a distancia. Pero gastei moita enerxía, mañá vai ser unha xornada difícil", sinalou o ciclista do Astana.

O italiano do Astana, gañador do ano pasado, atacou a tres quilómetros de coroar La Croix de Fer, de categoría especial e cuxa chegada se atopaba a 50 quilómetros da meta final, unha estratexia arriscada, á antiga, que lle saíu ben.

A pesar de que por detrás Movistar e Tinkoff trataron de limitar a renda, a quenlla de Messina logrou unha renda de 44 segundos sobre Quintana, de 1.14 fronte a Froome e de 2.26 co grupo Valverde e Contador, os seus rivais agora polo terceiro posto. Eliminado da loita por calquera recompensa o defensor do título logrou mover a carreira e unha vitoria de prestixio, a quinta da súa carreira tras as catro que sumou o ano pasado.

O líder do Tinkoff-Saxo, Alberto Contador, lamentou o seu precario estado físico nesta etapa. "Foi un día para sobrevivir. Empecei xa con malas sensacións e tiven cambras na Croix de Fer e logo e todo o día. Tiven que economizar ao máximo e puxen ao meu compañeiro a tirar para retardar o ritmo", dixo.

comentarios