O brasileiro Neymar e os arxentinos Ángel Di María e Leandro Paredes son os tres xogadores do París Saint-Germain que deron positivo por coronavirus, informou este mércores o diario deportivo francés L'Equipe.
O diario engade que os tres pasaran uns días de descanso en Eivissa tras a final da Champions League, que o seu equipo perdeu ante o Bayern de Munich.
O PSG anunciara este mércores tres positivos no seu plantel pero sen desvelar a identidade dos afectados.
Os tres futbolistas foron sometidos ao protocolo sanitario apropiado, engade o club, o que implica, segundo L'Equipe que realizarán unha corentena dunha semana.
O resto dos xogadores e do equipo técnico seguirán sometidos a test nos próximos días, conclúe o breve comunicado do PSG.
A liga francesa xa empezou, aínda que o PSG non xogou aínda debido ás vacacións tras a súa recente participación na final da liga de Campións. O seu primeiro partido será o próximo 10 de setembro ante o Lens.