Nairo Quintana estrea a cima do Portet e Thomas é máis líder

Thomas reforza a camisola amarela. Dumoulin é segundo a 1.59 e terceiro Chris Froome a 2.31

Nairo Quintana. SEBASTIEN NOGIER (EFE)
photo_camera Nairo Quintana. SEBASTIEN NOGIER (EFE)

O colombiano Nairo Quintana (Movistar) gañou a decimoséptima etapa do Tour de Francia, disputada entre Bagnères-De-Luchon e a Col du Portet, de 65 quilómetros, na que o británico Geraint Thomas (Sky) reforzou a camisola amarela.

Quintana, de 28 anos, fixo o ascenso do Portet en solitario e chegou a meta cun tempo de 2.21.28 horas, a unha media de 27,7 quilómetros por hora. Seguiuno o irlandés Daniel Martin (UAE Emirates) a 28 segundos e o líder Geraint Thomas a 47.

Thomas reforza a camisola amarela. Dumoulin é segundo a 1.59 e terceiro Chris Froome a 2.31.

Este xoves disputarase a décimo oitava etapa, entre Trie-Sur-Baise e Pau, de 171 quilómetros.

Comentarios